El Moto Club Papaya nos ha remitido (en gallego) el reglamento de esta prueba que el año pasado reunió a mas de 40 pilotos:
O
M.C. Papaya organiza o día 28 de novembro de 2010 no Porriño a competición "III
Resistencia Enduro Abilio Antúnez", que se desenvolverá de acordo co presente
regulamento. Poderán tomar parte nesta proba pilotos con licenza do ano en
curso de categoria Júnior , Sénior e Veteranos que se encadrarán dentro da CATEGORÍA
ÚNICA, con equipos de dous pilotos que non poderán estar formados por dous
pilotos categoría Senior da Clasificación Xeral 2010 do Cto. Galego de Enduro ou
Motocross. 
INSCRICIÓNS. O prazo de admisión
de inscricións para as competicións puntuables pecharase 10 días antes da
proba. As inscricións deberán formalizarse nos boletíns que facilita o clube
organizador, e remitiranse antes do dito prazo xunto co importe correspondente.
O importe dos dereitos de inscrición é de 40 ? por piloto.
HORARIOS.- Verificacions administrativas e técnicas de 8.00 h. a 9.30 h. Briefing
(obrigatorio para os pilotos) ás 09:45 h. Volta de recoñecemento ás 10:00 h.
Saida da competición 10 minutos despois do remate dos adestramentos: as
10:15 h.
ZONA SAIDA E
BOXES. Esta zona componse de:
1. Un parque de
traballo que estará delimitado para cada equipo (ou para cada 2 ou 3 equipos
dependendo das posibilidades) e serán aproximadamente de 3 m. x 4 m. por equipo
e estarán comunicados có control horario e a liña de saida por un corredor. 2.
Unha liña de saida, perfectamente delimitada, onde os pilotos colocarán a suas
motocicletas co motor parado, para realiza-la saida inicial. Está prohibido
traballar na motocicleta na liña de saida en tanto non se dea o sinal de saida.
A penalización por esta infracción é a exclusión.
Durante a proba as motocicletas dos pilotos permanecerán no parque de
traballo cando non se atopen no percorrido. Os pilotos podrán repoñer
carburante, engraxar e repara-la motocicleta dentro do parque de traballo antes
da competición e durante os relevos.
Despois das verificacións técnicas cada piloto empuxará a sua
motocicleta ata o Parque fechado e 10 minutos antes da saida á volta de
recoñecemento podrá empuxala dentro da su área no Parque de traballo, momento a
partir do que pode comezar a traballar nela (reposición de combustible,
axustes, etc.).
A reposición de carburante poderá
realizarse so no parque de traballo durante o tempo de descanso do piloto. Todo
piloto que quede sen carburante cando se atope competindo poderá dirixirse andando ao seu box e
darlle o relevo ao seu compañeiro. Isto suporá a penalización dunha volta, pois
a sua moto non completaría esa volta.
SAIDA. A saida realizarase con
todalas motocicletas xuntas, motor parado e pilotos situados fronte a sua
motocicleta na líña de saida de pilotos (saida tipo Le Mans). A orde de
colocación por categorías na liña de saida segundo o sentido do percorrido será
polos tempos obtidos nos entrenos ou no seu defecto por sorteo. Cinco minutos
antes da hora de saida dos pilotos deberán empuxar a suas motocicletas ata a
líña de saida, có motor parado, e colocala no lugar que lle corresponda. A
motocicleta estará sostida por un axudante do piloto no lugar indicado, e deberá
ser posta en marcha polo piloto co pedal de arranque ou con calquera outro
dispositivo eléctrico ou mecánico. Se o motor se para ou non encende,
trascurrido un minuto dende o sinal de saida, poderá empuxar a sua motocicleta
ata o parque de traballo, e tomará a saida cando a repare ou coa outra moto e
piloto.
CONTROL RELEVOS. O control horario será o encargado de verificar
que os relevos se realicen correctamente. O piloto que da o relevo, debe deixar
a moto no lugar habilitado pola organización para ese efecto e dirixirse
andando/correndo ao seu box onde dará o relevo mediante contacto físico co
outro piloto.
Os pilotos rodarán 1 hora 30
minutos como mínimo cada un, o intervalo de tempo no que deberán entrar en
boxes para face-lo relevo é de libre elección. Se un dos pilotos do equipo non
completa 1h.:30 minutos en pista, serán excluidos. En caso de avería dunha das
motocicletas, o equipo poderá continuar cunha soa moto. Neste caso terán que
cambiar o transponder cada vez que fan o relevo. Si por causa desa avería o
piloto non poidese chegar a facer o relevo coa sua motocicleta, poderá
dirixirse andando/correndo por fora do circuito ao seu box, onde poderá dar o
relevo ao seu compañeiro. Neste último caso serán penalizados cunha volta.
CLASIFICACIÓN DOS EQUIPOS. Unha
vez transcorrido o tempo previsto para a competición (4 horas), será axitada a
bandeira axedrezada na liña de cronometraxe de chegada. A clasificación estará
baseada no paso anterior o da sinalización de final de carreira. Será determinante
o número de voltas realizadas e o tempo total de paso. Para clasificar haberá
que cruzar a liña de meta (bandeira xadrez) nos dez minutos seguintes ao
bandeirazo e haber completado as ¾ partes das voltas do gañador.
|